O concello da Guarda organiza unha Mostra Creativa de Nadal
• A data límite para a recepción de solicitudes de participación é o 3 de decembro.
O Concello da Guarda está a deseñar a campaña de Nadal e, dentro das accións comerciais, este ano se vai a incluír unha Mostra Creativa de Nadal no Mercado de Abastos.
A finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias instalando os postos os días 10, 11, 17, 18 e 24 en horario de mañá, nunha Mostra Creativa de Nadal na que poden participar os creadores, artesás, deseñadores do Baixo Miño, sendo obrigatorio ser residentes ou ter a sede social da empresa na comarca do Baixo Miño. A montaxe dos stands correrá a cargo dos participantes.
Para participar os interesados/as deben presentar mediante rexistro de entrada, de forma presencial ou a través da sede electrónica, unha instancia xeral dirixida á Concellería de Desenvolvemento Local, amosando o seu interese en participar e na que aparezan o nome e apelidos do titular do posto, teléfono de contacto, correo electrónico e os produtos e servizos que van a ofertar na Mostra, de acordo ás BASES
publicadas na web. Non se permitirán aqueles postos que, pola súa natureza, interfiran coa actividade alimentaria da propia Praza de Abastos.
A data límite para a recepción de solicitudes de participación é o 3 de decembro.
Con este evento se quere seguir pondo en valor o talento creativo da nosa comarca, dinamizar o mercado municipal nun Nadal no que a creatividade será a protagonista.
Tag:A Guarda, Bases, mercado de nadal, Nadal