O mes do libro continúa este sábado na Guarda co contacontos “O Principiño en figuras de luz”
A programación do mes do libro continúa na Guarda este sábado día 9 de abril ás 12:00h na Biblioteca Cultural co contacontos “O Principiño en figuras de luz”.
Un xeito diferente de achegarnos ao clásico conto infantil “O Principiño” a través da representación de algúns dos pasaxes mais coñecidos a través de figuras de luz.
Este peculiar contacontos é realizado pola Asociación Jóvenes Científicos, que realizan os mais variados proxectos de investigación e divulgación científica.
Esta actividade require dunha inscrición previa no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h. ou chamando ao 986 61 1850.