A Guarda acolle este domingo o espectáculo de humor “Dúas mulleres de bandeiras+1”
• Coa participación de Cristina Maró, Nerea Garmendia e Rafa Durán, o acto terá lugar ás 18:00h na Praza de Avelino Vicente.
O vindeiro domingo día 22 de maio ás 18:00h da tarde a Praza de Avelino Vicente será o escenario para o Espectáculo de Humor “Dos mulleres de Bandeiras+1”. En caso de choiva realizarase no Centro Cultural.
Neste espectáculo de monólogos as actrices Nerea Garmendia e Cristina Maró falan en clave de humor das súas calamidades e de como, grazas ao positivismo as dificultades poden ser unha arma para enfrontarse á vida. Contarán experiencias sobre o amor, a vida e as súas enfermidades. O dúo de actrices estará acompañado polo showman e presentador da TVG Rafa Durán, quen complementará o show cómico coa axuda e a complicidade do público, asegurando así a diversión para tódolos presentes na tarde do domingo.
As dúas actrices, cunha larga traxectoria en televisión, cine e teatro padecen enfermidades como epilepsia e xordeira no caso de Nerea Garmendia ou esclerose múltiple no caso de Cristina Maró, e por iso queren demostrar ante o público que a pesar a pesar de que as veces non nos sorría a vida , con sentido do humor e forza pódese saír adiante.
Sobre as actrices e o presentador
Nerea Garmendia, actriz e presentadora vasca é coñecida especialmente polas súas aparicións no programa cómico da ETB Vaya semanita e na serie Los hombres de Paco (Tele 5), así como pola súa presenza en outros programas como La noche… con Fuentes y Cía (Tele 5), 90-60-90, diario secreto de una adolescente, La Reina del Sur (Antena 3 y Telemundo), Los Quién (Antena 3), etc.
Cristina Maró
Actriz e presentadora galega coñecida polas súas intervencións na TVG como presentadora nos nos informativos especiais da TVG, en Land Rober ou na segunda temporada de Calendario extravagante. Mais tamén tivo incursións na televisión nacional, en programas como La hora de José Mota (TVE 1) ou La Tira (La Sexta), así como reportera de La Sexta. Así mesmo é actriz de cine e teatro, destacando títulos como El Ladrón de Reliquias (2003, José Cora), Blockbuster (2013, Tirso Calero) ou a serie Aída (2008, Telecinco)
Rafa Durán
O presentador e cómico natural de Baiona, conta xa con máis de 13 anos de experiencia en escenarios, locais, eventos, galas, televisión, etc… En televisión ten encabezado varios formatos sobre todo no canal autonómico galego, pero tamén a nivel nacional: “Comando Chef” TVG, “Buenas Noches y Buena Suerte” Antena3, “De Buena Ley” Telecinco, “Devino” V televisión, “Polo Chan” TVG, “Mientras Duermes” Telecinco, “O Clan dos Impostores” TVG, “Máis Galego” TVG, “Imos de feira” TVG, “Estache bo!” TVG… Se ten especializado na condución e dinamización de eventos de coñecidas empresas por toda España: Banco Santander, Nivea, Audi, Loreal… Tamén foi a imaxe de marcas como Estrella Galicia, Burger king o Bosch entre outras.