O concello da Guarda súmase ao Día Mundial da ELA
• A fachada do consistorio municipal permanecerá iluminada de cor verde en sinal de apoio aos enfermos e aos familiares de pacientes afectados por esta doenza.
O Concello súmase este ano á chamada realizada dende a Asociación Galega de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica – AGAELA, en nome da Confederación Nacional de Entidades de ELA – ConELA, para que as entidades locais se sumen de xeito solidario ao Día Mundial da ELA.
A ELA (Esclerosis Lateral Amiotrófica) probablemente sexa unha das enfermidades máis devastadoras ás que se pode enfrontar calquera persoa e calquera familia. Por iso, é fundamental darlle visibilidade e que a sociedade comprenda a que se enfrontan os enfermos e as súas familias ante este fatal diagnóstico.
Deste xeito o vindeiro día 21 de xuño e coincidindo co Día Mundial da ELA ponse en marcha #LuzporlaELA, una acción de visibilidade na que o Concello da Guarda participa iluminando de cor verde a fachada do consistorio municipal en apoio e solidariedade coas persoas afectadas pola ELA e deixar constancia de que “A ELA existe”.
En 2021, 250 municipios das 17 Comunidades Autónomas participaron iluminando de verde máis de 400 monumentos de toda España. Todo un logro de participación e colaboración conxunta de todos e todas.
Tag:dia mundial da ela, ELA