A Guarda axuda ás pemes e autónomos a iniciarse na Intelixencia Artificial
O Concello da Guarda colabora na organización dun taller práctico para a introdución de ferramentas de IA para pemes, persoas autónomas e emprendedoras.
O taller terá lugar o próximo martes 18 de xuño nas instalacións do Concello da Guarda. Durante as dúas horas de duración (de 16:30 a 18:30 horas), Joaquín González exporá aos asistentes os diferentes beneficios destas ferramentas de Intelixencia Artificial e como usalas na súa actividade profesional diaria.
A actividade ten carácter presencial e as inscricións xa están abertas a través desta ligazón:aquí.