Cinco anos de espera para a mellor edición do Galifornia Beat
Galifornia Beat nace da crecente demanda das novas xeracións (nenos e nenas, adolescentes) en deportes urbanos, que se une á xa asentada afección ao skate na localidade do Baixo Miño.
Novas e xa crecentes xeracións unidas por un deporte, que ademais comparten tamén unha destacada afección musical e espertar artístico.
A música desde logo que estará presente case de forma continua coa gran parrilla de actuacións e djs, mentres se espera o show de batalla de galos. Aínda que haberá competicións, o Galifornia está aberto a todos e todas con numerosos talleres.
Un dos pratos fortes é a exhibición de moto trial a cargo de Gabriel Marcelli, terceiro do mundo o ano pasado. E se se vos abre o apetito, teredes postos de comida e bebida.
Os días 2 e 3 de agosto terá lugar a sexta edición do Galifornia Beat, dous días repletos de música, actividades e moito skate.