A Guarda acolleu este sábado unha Xornada de Micoloxía organizada pola OMIX
O pasado sábado 12 de novembro tivo lugar unha xornada de micoloxía organizada pola Concellería de Xuventude do concello da Guarda, a través da OMIX.
O pasado sábado 12 de novembro tivo lugar unha xornada de micoloxía organizada pola Concellería de Xuventude do concello da Guarda, a través da OMIX.
Durante todo o día, pola mañá ata as 13 h. e pola tarde ata as 18 horas, o grupo de asistentes puido asistir a unha variedade de actividades relacionadas coa recollida de cogomelos.
Nesta xornada ensinouse e iniciouse ós asistentes na identificación das diferentes especies e variedades existentes, como collelas e tamén se trataron outros temas como o respecto ás especies e ó mon te durante a recolección. Aprenderon as bases da ecoloxía dos fungos, uns organismos fundamentais para os ecosistemas
Os docentes desta xornada eran membros da Asociación A Jalleira e souberon manter a atención e o interese dos asistentes durante todo o tempo; un grupo que, por outra parte, amosou sempre o seu interese polo tema e que estivo moi participativo durante toda a xornada.
Dende a Concellería de Xuventude e a OMIX do concello da Guarda agradécese a tódolos asistentes polo interese amosado por esta actividade, que encheu o límite de prazas en moi pouco tempo. Ademais, moitos dos asistentes felicitaron a organizadores e docentes polo resultado final dunha iniciativa que non resultou menos que exitosa.