A Guarda advirte da presenza da Procesionaria do piñeiro
A procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea pityocampa) é unha especie cuxa oruga pode provocar irritación en ouvidos, nariz e gorxa nos seres humanos así como intensas reaccións alérxicas.
Trátase dunha especie que dependendo da época do ano vive nas ramas das árbores ou no solo. Aínda que adoitan aparecer no comezo da primavera, cando as temperaturas xa non son tan baixas, esta semana visualizáronse varios individuos na zona do Castelo de Santa Cruz e no piñeiral da praia do Muíño.
Hai que extremar as precaucións fronte a esta especie, tanto coa crianzas como cos cans, xa que pode provocar reaccións alérxicas moi fortes.