A Guarda conmemorará a Festividade do Santísimo coas tradicionais alfombras florais
O Concello da Guarda prepárase para vivir este sábado e domingo unha das súas fin de semanas grandes máis destacadas. Este domingo 29 de maio nas rúas da vila celebrarase a Festividade do Santísimo, coincidindo co día de Corpus.

Como parte destacada deste festexos as guardesas e os guardeses adornarán as rúas coas típicas alfombras florais que se levan facendo nesta data dende fai máis de 30 anos a noite anterior, cun traballo previo que se prolonga durante case todo o mes de maio.
As rúas que se engalanarán coas alfombras feitas durante toda a noite e a madrugada do sábado 28 son a Praza do Reló, a Praza de Ignacio Sobrina, a rúa Hernán Cortés, a rúa Malteses e a rúa Concepción Arenal. A contorna destas rúas permanecerá pechada ó tráfico pechada ó tráfico ata o remate da procesión
Os visitantes que se acheguen á Guarda este domingo pola mañá, despois de admirar a beleza das creacións florais das rúas, poderán acudir á misa ás 12,30h. e, de seguido, á procesión do Santísimo que percorrerá as rúas sobre as alfombras con tanta dedicación feitas para dar remate ás celebracións desta fin de semana.