A Guarda protagoniza a sexta entrega da docuserie sobre o Camiño Portugués pola Costa, hoxe sábado día 13 ás 15,30 na TVG
Coincidindo co sábado do Monte, na que é a fin de semana grande da Guarda que acolle as súas festas máis recoñecidas, as Festas do Monte, a vila tamén será protagonista na televisión pública galega da nova entrega da docuserie sobre o Camiño Portugués pola Costa.

Trátase dunha docu-ficción, cun ton de comedia, que ten como obxectivo principal a promoción cultural e turística do Camiño, pero facéndoo dun xeito atractivo e dinámico, a través dunha historia de ficción de odio-amor entre un home e unha muller.
Emulando as trece etapas máis coñecidas do Camiño Portugués, os dous aventureiros, interpretados por Fátima Mella e Héctor Carballo como Marta e Anxo, percorren en cada entrega as vilas e cidades que separan a cidade lusa do Porto de Santiago de Compostela.
No capítulo que se emite hoxe, sábado día 13 de agosto ás 15,30; recóllese a etapa desta ruta xacobea que atravesa Vilapraia de Áncora, Moledo, Caminha e a parroquia de Camposancos na Guarda.