A Guarda resolve o nomeamento do tribunal cualificador e as probas para a contratación dunha praza de patrón de embarcación
O Concello da Guarda ven de resolver o nomeamento do Tribunal cualificador para a contratación dunha praza de patrón de embarcación para o Concello da Guarda.
Aprobadas mediante Decreto da Alcaldía 2018-0623, de 25 de xuño de 2018, as bases para a contratación dunha praza de patrón de embarcación para o Concello da Guarda.
O tribunal cualificador quedará composto por:
Presidente: don Juan Antonio Taboada Veiga, cabo xefe da policía local do Concello de A Guarda (titular); don José Luis Gil Vicente, funcionario do concello de A Guarda (suplente).
Secretaria (que actuará con voz e voto): dona Mª Montserrat Mariño Álvarez, funcionaria do concello de A Guarda (titular); dona Julia María Carrasco González-Alegre, secretaria do Concello da Guarda (suplente).
Vogais:
Don Manuel Ángel González Martínez, Policía Local do concello de A Guarda (titular); don David Aragunde Arppe, Interventor do concello de A Guarda (suplente).
Don Rafael Alonso Vicente, Policía Local do concello de A Guarda (titular); don Luis Miguel Sueiro Mejuto, Tesoureiro do concello de A Guarda (suplente).
Don José Mª Álvarez Álvarez, funcionario do concello de A Guarda (titular); don Hermelindo Martínez González, persoal laboral do concello de A Guarda (suplente).
A constitución do tribunal terá lugar o mércores 11 de xullo, ás 16:15 horas no peirao da Pasaxe (ó lado do ferri).
A proba práctica prevista nas bases, terá lugar o mércores 11 de xullo, ás 16:30 horas, no peirado da Pasaxe (ó lado do ferri), debendo vir previstos os aspirantes con seu DNI.
Finalizada a proba práctica, levarase a cabo a valoración de méritos.
Tag:A Guarda, embarcacions, Emprego, patrón