Alumnado de primaria da Guarda participa en “Cinema nos Coles”
Un ano máis a Concellería de Cultura do Concello da Guarda organizou unha proxección de cinema enmarcada no ciclo de “Cinema nos Coles” que contou coa participación dos alumnos e alumnas de primaria dos Centros Educativos do municipio.
Esta actividade tivo lugar no Salón de Actos do Centro Cultural, onde se realizou a proxección da película “Wonder”, unha proxección na que August, un neno que naceu cun problema de deformidade facial, afronta a súa chegada á escola por primeira vez, unha historia de integración e superación persoal.
“Cinema nos Coles” é unha actividade de carácter anual na que se convida aos diferentes Centro de Ensino da Guarda a participar, promovendo unha oferta de cinema en gran formato para nenos e nenas do municipio, sempre tendo en conta unha temática de interese e axeitada á idade dos asistentes.
Tag:A Guarda, Cinema, cinema nos coles, cultura