Artemi Gavezou Castro, deportista de orixe guardés, medallista nas olimpíadas de Río 2016
O concello da Guarda quere felicitar á ximnasta de orixe guardés Artemi Gavezou Castro polo seu recente éxito nas olimpíadas de Río 2016. Artemi é unha das compoñentes do equipo olímpico de ximnasia rítmica que ven de acadar a medalla de prata por equipos nesta disciplina.

A nai de Artemi é natural de A Guarda. María José Castro Ocaña é unha das fillas de César Castro, comerciante guardés moi coñecido que durante moitos anos tivo a tenda de mobles Santa Lucía situada na rúa Concepción Arenal.
É un orgullo para a nosa vila que unha deportista de tan alto nivel que acadou nestas olimpíadas un éxito tan notable teña aquí parte das súas raíces. O concello quere estender os parabéns a súa familia guardesa, moi especialmente a o seu avós Cesar e Petrita que seguro que estes días se senten especialmente felices e orgullosos polo éxito da súa neta.
Artemi, segunda pola esquerda, posa sorrinte coa medalla xunto ás súas compañeiras de equipo