As asociacións decoran as prazas da Guarda con orixinais montaxes navideñas como parte do programa do concello “Decora o teu Nadal”
Este luns 19 de decembro a concelleira de Cultura, Mª Elena Baz, achegouse esta mañá ás prazas máis representativas da Guarda para comprobar o traballo realizado polas asociacións da vila.
Este luns 19 de decembro a concelleira de Cultura, Mª Elena Baz, achegouse esta mañá ás prazas máis representativas da Guarda para comprobar o traballo realizado polas asociacións da vila.
Este traballo consistiu na decoración navideña das mesmas, como parte do programa “Decora o teu Nadal” convocado dende a Concellería de Cultura da Guarda para convidar as asociacións a colaborar nunha iniciativa que busca potenciar a participación das asociacións da vila, dándolles visibilidade e protagonismo na organización e decoración urbana deste Nadal 2016.
Deste xeito seis asociacións participaron nesta iniciativa que ten como tema o “Decorado Urbano de Nadal”, e cada unha delas adornou, utilizando na súa meirande parte materiais de refugallo, unha praza da vila.
A asociación Vento Mareiro adornou a Praza do Reló, conseguindo un espectacular resultado utilizando como material base botellas de plástico.
Dúas das prazas da contorna da Igrexa foron adornadas pola asociación Xamaraina e outra pola Asociación Sopa de Sobre.
Outra das participantes foi a asociación San Xerome que embeleceu a praza coñecida como “Alamediña”.
As decoracións que se poden ver na Praza do Coruto foron realizadas pola Asociación Avelaíña.
Por último, o Sporting Guardés foi responsable dos adornos que se poden ver na Alameda, e son a primeira asociación deportiva que participa nesta iniciativa que se vén facendo nos últimos anos.
O concello da Guarda quere agradecer a estas asociacións o traballo e a implicación amosados para decorar A Guarda nestas datas tan sinaladas e tamén por involucrarse nunha iniciativa para visibilizar a labor das asociacións da vila.