Teatro familiar para este venres no Centro Cultural
Este venres chega ó Centro Cultural unha nova representación teatral, que nos amosa nesta ocasión unha proposta pensada fundamentalmente para os nenos. A función, que dará comezo as 19,30h. será posta en escea polo grupo de teatro amateur Eu.Experimento, do Instituto Camôes en Vigo.
O Instituto de Camôes en Vigo presenta a obra “O Conto das tres nozes, que eram romas, que eram maças, que eram…”
Este venres chega ó Centro Cultural unha nova representación teatral, que nos amosa nesta ocasión unha proposta pensada fundamentalmente para os nenos. A función, que dará comezo as 19,30h. será posta en escea polo grupo de teatro amateur Eu.Experimento, do Instituto Camôes en Vigo.
“O Conto das tres nozes, que eram romas, que eram maças, que eram…” é o segundo espectáculo do Grupo Amador de teatro Portugués Eu.Experimento. A peza pensada para as familias está basada no conto da tradición oral “As tres noces” e nas súas múltiples versións, que nun traballo de creación conxunto propón unha nova versión da historia, que sen dúbida divertirá os máis pequenos da casa e tamén ós seus pais.
O instituto Camôes en Vigo é un centro de aprendizaxe e avaliación oficial da Lingua portuguesa. Os alumnos de portugués utilizan o teatro para familiarizarse coa lingua que están aprendendo. Con esta intención pedagóxica xurdiu o este grupo de teatro, e os seus resultados neste senso sempre foron máis que satisafactorios. A presenza desta obra o venres no Centro Cultural foi posible gracias á colaboración do IES A Sangriña e o seu departamento de portugués.