CARTEL MUSICAL DENTRO DA PROGRAMACIÓN DA XXV EDICIÓN DA FESTA DA LANGOSTA E A COCIÑA MARIÑEIRA DA GUARDA
A Festa da Langosta e a Cociña Mariñeira que se celebra este fin de semana no Concello da Guarda é moito máis que gastronomía.
Ademais de ofrecer diversas receitas e unha calidade estupenda de produtos do mar, están programadas un sinfín de actividades para que, tanto os veciños e veciñas da Guarda, como os múltiples visitantes que en estas datas chegan a localidade, gocen dun estupendo fin de semana.
Nesta XXV edición da festa, a música terá un gran protagonismo, xa que estará presente tanto o venres, como o sábado e o domingo.
Antes da lectura do pregón por parte do cociñeiro Yayo Daporta na Praza do Reló, o venres ás 21 horas, no mesmo espazo, a agrupación musical da Guarda ofrecerá unha actuación no seu X aniversario.
Pola noite, xa no recinto do Porto, ás 23,30 horas, comezará a verbena da man da orquestra “América” chegada dende Vigo, que alongará a noite ata ben entrada a madrugada.
O sábado, o día comezará co grupo tradicional “O Trebón dos Xidos” recorrendo as rúas da Guarda. Xa ás 11, coincidindo coa apertura da carpa no Porto, empezará a actuación do guardés Daniel Vilanova. Este xove acordeonista ofrecerá un concerto no que os presentes se sorprenderán pola mestría nas súas mans.
Ás 22 horas, e tras sucederse a Travesía a Nado ou obradoiros de cociña, “The Winning Numbers” porán de novo a banda sonora á festa. Este conxunto, formado por músicos da Guarda e do Rosal, ofrecerán un directo de rock&roll dos anos 60. Tras eles, ás 23 horas, será a quenda de “Lou Reyes”, quen trasladará o público ós anos 50 coas súas versións.
O domingo, de novo “O Trebón dos Xidos” acompañará o comezo da festa coincidindo incluso, a súa actuación, coa apertura da carpa no Porto. Ás 12 horas Daniel Vilanova voltará o escenario co seu acordeón e xa pola tarde, as 19,30 horas, será o momento no que se escoitarán os fados grazas ós artistas chegados dende Portugal. Claudia Madeira e Rui Teixeira, porán a guinda final a un gran pastel que durante toda a fin de semana unirá gastronomía, música, xogos e deporte.