Cinema infantil coa proxección de “Cars” este sábado na Guarda
O Centro Cultural da Guarda acolle este sábado ás 17:30h unha nova sesión de cinema infantil coa proxección da película “Cars”.
Esta película infantil conta como Raio McQueen, un aspirante a campión de carreiras, está a piques de acadar o éxito, a fama e todo co que había soñado, ata que colle por error unha solitaria estrada da Ruta 66. Despois de chegar a unha comunidade esquecida por todos, aprende as cousas importantes da vida que xa había esquecido. Unha película moi vistosa e entretida, apta para todos os públicos.
Unha película moi premiada con dúas nominacións aos Óscar coma mellor longametraxe animada e canción orixinal, Globo de Ouro ao mellor longometraxe animado, 9 nominacións coma mellor película e mellor música nos Premios Annie, entre outras.
Esta proxección forma parte dos diferentes ciclos de cinema que se organizan ao longo do ano dende a Concellería de Cultura, unha actividade de balde ata completar o aforo, para a que non é preciso retirar entradas con anterioridade.