Composición do tribunal para a selección nos procesos selectivos anteriores
Aprobadas as bases para dar cobertura ás seguintes prazas de emprego no Concello da Guarda dentro do Plan Concellos 2016: 3 peóns de construcción, 4 varredores, 3 operarios de vehículo de limpeza viaria e 1 animador sociocultural, de conformidade coas bases aprobadas en exercicio das miñas competencias, resolvo:
DECRETO 0306/2016
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE 3 DE MAIO DE 2016
Aprobadas as bases para dar cobertura ás seguintes prazas de emprego no Concello da Guarda dentro do Plan Concellos 2016: 3 peóns de construcción, 4 varredores, 3 operarios de vehículo de limpeza viaria e 1 animador sociocultural,
de conformidade coas bases aprobadas en exercicio das miñas competencias, RESOLVO:
1.- Nomear o seguinte Tribunal Cualificador para as diferentes probas:
Presidente: Don José Luis Gil Vicente, Funcionario do Departamento de servizos e obras do Concello de A Guarda (Titular); Don Juan José Parada Fernández, policía local do Concello de A Guarda (suplente).
Secretario: Don José Carlos Martínez Crespo, Auxiliar Administrativo do Concello da Guarda (titular); Dna. Emilia Fernandez Rodríguez, funcionaria do Concello de A Guarda (suplente).
Vocais:
Don Juan Antonio Taboada Veiga, Cabo Xefe da Policía Local do Concello de A Guarda (Titular); Don Rafael Alonso Vicente, Policía Local de A Guarda (suplente).
Don José Mª Álvarez Álvarez, funcionario do Concello de A Guarda (titular); Don Pablo Alvarez Alvarez, policía local do Concello da Guarda (suplente).
Don Jesus María Rocha Revella, Persoal Laboral do Concello de A Guarda (titular); Don José Rodríguez Rodríguez, persoal laboral do Departamento de Servizos do Concello da Guarda (suplente).
Dona Soledad Rodríguez Crespo, Traballadora Social do Concello de A Guarda (titular); Don Candido Peixoto Costa, funcionario do Concello do Departamento de Servizos do Concello de A Guarda (suplente).
A constitución do tribunal terá lugar:
- día 4 de maio de 2016 ás 17 horas na Casa do Concello para a valoración dos méritos alegados nos catro procesos selectivos.
- día 5 de maio de 2016 ás 12 horas na nave municipal sita no lugar da Sangriña para a realización da proba práctica da proba de peóns de construcción.
- día 5 de maio de 2016 ás 13 horas na casa do Concello para a realización da proba teórica da praza de animador sociocultural
- día 5 de maio de 2016 ás 17 horas na casa do Concello para a realización da proba teórica da praza de varredor e as 17:30 horas para a realización da proba teórica da praza de operario de vehículo de limpeza viaria.
2.- Publicar a presente resolución na web e no taboleiro de anuncios do Concello de A Guarda.
A Guarda, 3 de maio de 2016
O Alcalde,
Antonio Lomba Baz