Cuarto faladoiro dentro do ciclo “Diálogos en Educación”
O cuarto faladoiro dos “Diálogos en Educación” celebrarase o vindeiro xoves, 21 de xullo, ás 20 horas, no patio do colexio dos PP. Xesuítas en Camposancos.
O cuarto faladoiro dos “Diálogos en Educación” celebrarase o vindeiro xoves, 21 de xullo, ás 20 horas, no patio do colexio dos PP. Xesuítas en Camposancos.
Esta actividade, promovida polo Concello da Guarda en colaboración coa Universidade da Coruña tráenos, nesta ocasión, ao profesor Carlos Soneira Calvo, do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
Carlos Soneira ten participado como investigador en diversos proxectos e contribuído cos seus estudos en diversas publicacións. Salientan os seus traballos arredor das actitudes do alumnado de Maxisterio cara as matemáticas, e sobre os sistemas de representación semiótica que emerxen durante as actividades matemáticas.
Neste faladoiro falarase dos problemas matemáticos escolares, as posibilidades de aprendizaxe que ofrecen, e sobre todo os xeitos en que se traballan nas aulas. En concreto, tratarase a aplicación do sentido común e a intuición sobre a realidade, como recurso cognitivo non sempre ben aproveitado, fronte á aplicación mecánica de algoritmos preestablecidos.