ESTE VENRES PRESÉNTASE A “V MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS” QUE ESTE ANO SE ADICA ÓS GAMELEIROS
Este venres, o Concello da Guarda e a Asociación de Redeiras do Baixo Miño-Atalaia, presentan na Casa dos Alonso a “V Mostra das Tradicións Mariñeiras” que este ano está adicada ós gameleiros.
Neste evento, que se celebrará ós días 24, 25, 26 de xullo no Porto da Guarda, se mostrarán diferentes actividades que amosan a vida mariñeira da Guarda e todas as súas posibilidades.
Na presentación, que comezará ás 20,30 horas, estarán presentes membros de todas as asociacións colaboradoras nesta edición, unha representación das redeiras da Guarda, e os autores do libro “Gameleiros”, Manuel Álvarez e Miro Villar. De parte do Concello, ademais dos Concelleiros, tamén estará o alcalde, Antonio Lomba.