O ALCALDE DA GUARDA, ANTONIO LOMBA BAZ, FIXO ENTREGA DOS BONOS DOS PREMIOS DE TAPEARTE 2015
O luns, día 20 de xullo, tivo lugar un sinxelo acto de entrega dos bonos ós premiados de TAPEARTE 2015.
Esta ruta organizouse en xuño con motivo da celebración do Santísimo na Guarda e na que participaron 19 restaurantes, bocaterías e xamoneiras.
Para premiar ós participantes nesta proposta gastronómica organizouse un sorteo con tres fines de semana para dúas persoas en habitación dobre e co almorzo incluído.
Entre as 1.000 papeletas recollidas nos buzóns o azar quixo que os tres premiados fosen veciños da Guarda e que poderán gozar do seu premio en próximas datas.
O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, fixo entrega o primeiro premiado, Abraham Álvarez Alonso, o seu bono no Parador de Tui. O segundo premiado Xulio Martínez Gándara tamén acudiu a recoller o seu bono para o Hotel Molino da Guarda. A terceira premiada co fin de semana no Aparthotel Marouco, Leticia Martínez Pérez, non puido asistir a este acto pero poderá disfrutar do seu premio.