O SÁBADO CELÉBRASE O “XXII ENCONTRO DOS POBOS” NO AUDITORIO DE SAN BIEITO DA GUARDA
Mañá, sábado día 25 de xullo, coincidindo có día do Apóstolo en Galicia, se celebra no Auditorio de San Bieito da Guarda o “XXII Encontro dos Pobos”.
Este evento, é un festival folclórico internacional que se celebra, dende hai máis de 20 anos nos Concellos do Baixo Miño.
Nesta ocasión os grupos que actuarán neste encontro serán os guardeses “Vento Mareiro”, “Xamaraina” e “Do Lusco ó Fusco”. Ademais estará a “Colla de bastoners” de Espugues de Llobregat, en Cataluña e o “Grupo Rosida” chegado dende Bulgaria. A chegada de grupos coma o búlgaro, ou o catalán, danlle ese carácter internacional a este festival que, cada ano, enche o Auditorio guardés.
Este evento folclórico, organizado pola Asociación Cultural “Do Lusco ´Fusco”, coa colaboración do Concello da Guarda, comezará ás 19,30 horas e está aberto a todo o público. O festival estará precedido por un desfile folclórico que arrancará dende a Alameda ás 19 horas.
En caso de choiva, o evento trasladarase ó pavillón da Sangriña.