A GUARDA PECHARÁ ASÚA PROGRAMACIÓN DE VERÁN CO MELLOR CINEMA E MÚSICA GALEGOS NO CASTELO DE SANTA CRUZ
Onte foi presentado en rolda informativa o gran evento que pechará a programación de verán na Guarda o vindeiro día 12 de setembro e que levará ata o Castelo de Santa Cruz a última gran producción cinematográfica galega: A Esmorga, seguida dun concerto do grupo galego A Roda.
Onte foi presentado en rolda informativa o gran evento que pechará a programación de verán na Guarda o vindeiro día 12 de setembro e que levará ata o Castelo de Santa Cruz a última gran producción cinematográfica galega: A Esmorga, seguida dun concerto do grupo galego A Roda.
Na rolda estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de cultura, Elena Baz Rodríguez, o concelleiro de patrimonio, Javier Crespo e o compoñente do Grupo A Roda, Alfredo Dourado.
O Castelo de Santa Cruz foi recentemente rehabilitado e aberto para o seu disfrute por toda a cidadanía tras máis de cen anos pechado. Coa celebración deste evento quere fraguarse o espíritu de ben público, pensado para o disfrute e o lecer, co que se emprendeu aquela gran obra de rehabilitación patrimonial
A Esmorga foi sen dúbida a película do ano en Galicia e no resto do Estado. Estreada a finais de 2014, contou cunhas inigualables cifras de taquilla para unha película de produción galega, galardoada con seis premios Mestre Mateo e nominada para os Goya 2015 foi igualmente avalada pola crítica. Unha das secuencias do filme é protagonizada polo tradicional grupo A Roda, no seu particular facer: cantando un tema de taberna. É por elo que a proxección será seguida dun concerto desta mítica formación, para completar así unha verdadeira noite de Esmorga. Máis non serán estes os únicos ingredientes, xa que para completar a velada, foron invitados a presentar o evento o actor Antonio Durán Morris, protagonista da película e o director Ignacio Vilar.
Durante a rolda informativa, os presentes quixeron suliñar á vinculación do pobo guardés coa formación A Roda, que sempre gustou e disfrutou coas diferentes actuacións que aquí se deron. Así mesmo trascendeu o espíritu multidisciplinar deste evento, que baixo a denominación NOITES NO CASTELO pretende aunar diferentes manifestacións culturais (cinema e música, nesta ocasión) co patrimonio histórico.
De izda á dereita: o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de cultura, Elena Baz Rodríguez; o compoñente do Grupo A Roda, Alfredo Dourado e o concelleiro de patrimonio, Javier Crespo.
De izda á dereita: Alfredo Dourado, Elena Baz, Antonio Lomba e Javier Crespo