O ALCALDE VISITA A EXCAVACIÓN ARQUELÓXICA NO SEIXAL
Un equipo de arqueólogos traballan dende o pasado martes na zona coñecida coma O Seixal co propósito de esclarecer a existencia dunha posible salina na zona.
Un equipo de arqueólogos traballan dende o pasado martes na zona coñecida coma O Seixal co propósito de esclarecer a existencia dunha posible salina na zona.
A zona do Seixal, na franxa litoral atlántica, é unha zona con abundancia de cantos rodados que están a desprazarse continuamente por mor do vento e o mar. A forte erosión que se está a rexistrar nesta zona levou á Dirección Xeral de Patrimonio a promover unha intervención arqueolóxica que determinara se realmente había bens arqueolóxicos que protexer. Previamente á intervención tíñanse noticias dunha posible salina ó apreciarse na contorna algunha estructura superficial entre os seixos, pero era necesaria unha intervención que con metodoloxía arqueolóxica e o confirmara.
Os traballos, dirixidos pola arqueóloga Mar Cortegoso, abriron un pequeno sector nunha zona moi próxima ó mar e confirmaron a existencia dunha estructura que coincide tipolóxicamente coas salinas romanas, mais os arqueólogos seguen traballando para intentar identificar restos materiais, como algún resto cerámico, que permitira datar con certeza o xacemento. Traballan tamén en novos sectores coa intención de identificar a magnitude e dimensión do xacemento.
O Concello está colaborando neste traballos aportando a maquinaria necesaria que permita abrir estas novas zonas de traballo.