O CONCELLO FELICITA A GERARDO PORTELA POLO SEU 101 ANIVERSARIO
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente, na tarde de onte, xoves 3 de setembro, visitaron na súa vivenda a Gerardo Portela polo seu 101 aniversario.
Na casa, Gerardo Portela, atopábase acompañado polos seus irmáns, os seus fillos, os netos e tamén os bisnetos.
Nesta data tan sinalada o Concello da Guarda fixo entrega a Portela dunha placa conmemorativa do seu aniversario, un ramo de flores e unha torta onde soprar as velas.
Antonio Lomba e Teresa Vicente despedíronse de Gerardo e da súa familia esperándose ver o ano próximo para celebrar o 102 aniversario.