A Deputación concede 15 axudas para a realización de actividades culturais e deportivas
A Deputación de Pontevedra ven de conceder un total de 15 subvencións cun importe total de 65.118,9€ para a realización de actividades culturais, deportivas e a adquisición de material turístico no Concello da Guarda.
En concreto, as axudas destínanse á realización de actividades con motivo do centenario do MASAT (4.000€), amais da exposición especial do centenario (8.600€), ás actividades culturais “Vive A Guarda” (8.000€), a programación do Entroido (3.200€), a X Gala do Deporte municipal (1.431,16€), as actividades do Campus Deportivo de verán (1.057,54€), a Escola de Baloncesto municipal (1.512€), as actividades do “Verán Deportivo” (2.662€), a programación de “Noites no Castelo” (7.000€), as andainas organizadas polo Concello da Guarda (1.924,45€), o programada de visitas teatralizadas polo casco histórico (5.000€), a tirada de luces de artificio nas Festas do Monte (7.048,25€), a Feira do libro guardesa (3.000€), a programación de “Música nas prazas” (3.000€), e a adquisición de material turístico (7.683,50€).
Estas subvencións enmárcase no Plan Concellos 2017, ao abeiro da “finalidade gasto corrente novo dentro da Liña 2 do Plan de Obras e Servizos”.