O Concello da Guarda contratará a 30 traballadores a través da subvención da Deputación de Pontevedra
O Concello da Guarda contratará a 30 traballadores para os meses de novembro e decembro a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra.
A dotación económica total é de 58.390 euros, destinados ao pago de salarios e de Seguridade Social.
O proceso de selección xa comezou e tras a sondaxe que se fixo no INEM as persoas preseleccionadas presentáronse hoxe, 23 de outubro, no Concello da Guarda.
A selección final será por concurso de méritos establecidos pola propia Deputación de Pontevedra.
Postos solicitados
A Guarda solicitou 30 traballadores entre os que se diferencian 8 peóns de construción, 3 operarios de vehículos de limpeza de vía, 2 condutores de camión, 9 varredores, 6 peóns forestais e dous operarios do Punto Limpo.
Os contratos son de 35 horas semanais e percibirán o salario mínimo interprofesional, a diferenza de convocatorias anteriores nas que os contratos eran de 20 horas semanais e o salario aproximado de 460 euros.