Período voluntario de pagamento da taxa polo servizo de sumidoiros do exercicio 2018
A Presidencia desta Corporación, mediante resolución núm. 2018-0366, de 25 de abril de 2018, aprobou o padrón da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros correspondente ao exercicio tributario 2018 do Concello de A Guarda. A dita resolución é definitiva en vía administrativa.
O padrón fiscal exporase ao público nas oficinas municipais no prazo dun mes contado a partires do día seguinte o da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, anuncio que ten o carácter de notificación colectiva ó abeiro do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. Durante o devandito prazo os interesados poderán examinalo e formular contra os actos que se notifican, ante a Presidencia deste Concello, recurso de reposición previo ó recurso contencioso-administrativo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
De conformidade co previsto no artigo 14.1.c) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 05 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, comunícase ós contribuíntes afectados que o período voluntario de cobranza da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros, para o Concello de A Guarda será do 1 de maio de 2018 ao 7 de xullo de 2018, ámbalas dúas datas inclusive.
A taxa deberá satisfacerse a través das seguintes entidades bancarias:
BANCO PASTOR | BBVA | ABANCA | CAIXABANK | BANCO SANTANDER | BANCO SABADELL
O vencemento do prazo en período voluntario sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comenzo do procedemento de constrinximento, coa percepción do recargo da mora e demais conceptos esixibles, tal e como se fixa nos artigos 160 e 161 da Lei 58/2003, de 17 de Decembro, Xeral Tributaria e nos artigos 69 e seguintes do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.