O Concello da Guarda e o Municipio de Caminha unen forzas para converter o Estuario do río Miño en Paisaxe Cultural da UNESCO
O alcalde guardés, Antonio Lomba, e o Presidente da Cámara Municipal Miguel Alves mantiveron unha reunión bilateral
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o Presidente da Cámara Municipal de Caminha, Miguel Alves, mantiveron esta mañá un encontro bilateral no Concello guardés no que se trataron diferentes temas. Nesta cita tamén estiveron presentes varios Concelleiros e vareadores de ambas localidades.
Un dos temas de máis consideración e importancia deste encontro foi o proxecto común entre ambos municipios que ten coma obxectivo converter o Estuario do río Miño en Patrimonio Mundial da UNESCO dentro da categoría de Paisaxe Cultural.
“É unha proposta moi interesante e con moitas posibilidades de chegar a bo fin. Temos moitas ganas e enerxía”, comentou Antonio Lomba, na rolda de prensa tras o encontro.
“O que buscamos é facer xustiza co Estuario do Miño e convertelo no que se merece.”, afirmou o Presidente da Cámara Municipal de Caminha.
Neste proxecto, que ten dúas etapas, a primeira a inscrición na lista indicativa -cunha duración mínima dun ano polo que se traballará para o 2017- e a segunda a candidatura, ambos concellos contan coa colaboración de Jordi Tresserras, experto en Patrimonio Cultural e experto en Candidaturas da UNESCO.
“Creemos que esta candidatura ten moitas posibilidades xa que sendo unha candidatura conxunta e reúne todas as condicións, xa que é un espazo con excepcionalidade e singularidade”, contou Tresserras.
Ademais, continuou, tendo en conta que son moi poucos os espazos catalogados coma Paisaxe Cultural de UNESCO, as posibilidades son maiores.
Tras dar o pistoletazo de saída a esta campaña, afirmaron tanto o alcalde da Guarda coma o Presidente da Cámara de Caminha, o que se fixará será un calendario de actuacións nas que colaborarán, tanto a poboación da Guarda coma a de Caminha. “No ano 2016 a cidadanía tanto galega coma portuguesa xa formará parte desta candidatura”, afirmou Luís Miguel da Silva.
“Estamos entusiasmados porque creemos nas posibilidades do Estuario do Miño e porque temos confianza nesta candidatura”, sentenciou o alcalde guardés.
Ferry-boat
Neste encontro ambos gobernos falaron tamén da situación do ferry que une o municipio de A Guarda có de Caminha.
Sobre o ferry, ambos alcaldes, afirmaron que o servizo deste transporte é esencial para a estratexia económica e cultural tanto de Caminha coma de A Guarda.
Neste punto tanto Antonio Lomba coma Miguel Alves chegaron un acordo referente á débeda. Desta maneira, o goberno guardés, comprometeuse a pagar en dous prazos no próximo ano 2016, os 380.000 euros correspondentes aos anos 2006 e 2007.
Dende ese 2007 á actualidade todas as débedas están saldades.
O litixio continuará xa que o goberno de Caminha reclama ao guardés os custos de anos anteriores ao 2006, cartos que o municipio da Guarda non recoñece.