Aberto o prazo de prematriculación no Conservatorio de Música da Guarda
O Conservatorio de Música da Guarda vén de abrir o prazo de prematriculación para o curso 2018/2019 nas súas distintas especialidades.
As persoas interesadas en aprender a tocar a frauta traveseira, o clarinete, o saxofón, a guitarra eléctrica ou clásica, a gaita, o piano, a trompeta, a trompa, o trombón, a tuba, o violín ou a viola poderán preinscribise ata o vindeiro 31 de maio no conservatorio municipal. Para máis información, poderán dirixirse ao centro situado na rúa Vigo (15:00 a 20:00 h), chamando ao teléfono 986 613 002 ou ben a través do correo electrónico cmus.elemental.aguarda@edu.xunta.es.