Últimos días para participar nos clubes de lectura infantil e xuvenil
O Concello da Guarda ampliou a franxa de idade para participar nos clubes de lectura da Biblioteca Municipal debido ao interese dos propios usuarios.
Así, está aberto ata mañá o prazo para que os lectores infantís e xuvenís se unan a esta iniciativa.
Aqueles lectores, con idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos, e que estean interesados en unirse os clubes de lectura poden dirixirse directamente á biblioteca en horario de tarde para ser apuntados.
Xa está fixada a primeira reunión para este grupo. Así, a cita será o sábado, día 28 de novembro, ás 11 horas na Biblioteca Municipal.
Con este tipo de iniciativas dende o Concello o que se busca e a dinamización da biblioteca e tamén fomentar a lectura entre todos os veciños e veciñas da Guarda, independentemente da súa idade.