O Concello da Guarda organiza charlas sobre o “Uso seguro e saudable de Internet” enfocadas a menores e adultos
A cita para aqueles interesados é o mércores día 9 na Casa dos Alonsos
O servizo de Educación Familiar e a OMIX do Concello da Guarda organizan, o próximo mércores, 9 de decembro, charlas sobre o “Uso seguro e saudable de Internet”, tanto para estudantes coma para adultos.
Así, pola mañá, unha psicóloga da ONG “Pantallas Amigas”, charlará cos alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do IES. A Sangriña e do centro Padres Somascos.
Nestes encontros o que se intentará será concienciar os nenos e nenas dos perigos que ten Internet e a importancia da privacidade na rede. Ademais falarán de delitos coma o Ciberbullyng ou o Sexting.
Xa pola tarde, ás 19 horas na Casa dos Alonsos, membros da mesma ONG impartirán unha charla aberta para todos os veciños e veciñas da Guarda interesados en coñecer as consecuencias e os perigos de Internet.
O Concello da Guarda quere convidar a esta charla a todas as persoas que forman parte do entorno educativo de rapaces ou rapazas, pais e nais, educadores, profesores, titores…
Cos adultos falaráse da privacidade nas redes sociais, dos riscos dos smartphones ou da responsabilidade ante a lei polos delitos en Internet.
En base as preguntas e respostas por parte dos asistentes o ponente incidirá nos puntos que se estimen necesarios durante a sesión.