Este xoves celébrase unha xornada de portas abertas na Praza de Abastos da Guarda
Este xoves, 10 de decembro, celébrase unha xornada de portas abertnas na Praza de Abastos da Guarda para convidar a todos os veciños e veciñas da localidade a coñecer as reformas realizada nas instalacións.
Así, a xornada comeza ás 10,30 horas coa apertura das portas e cunha charla enfocada a novos emprendedores na que se falará das posibilidades da praza, das posibilidades de postos e as tendencias que poderían funcionar na praza.
Ás 11 horas está programada unha charla de Nutrición, e de 11,30 a 13 hora haberá unha Elaboración e Degustación de diferentes produtos na que destacarán as elaboracións creadas a base de verduras, froitas e froitos secos fronte as carnes e os pescados.
Este evento ten coma obxectivo dar a coñecer a todos os guardeses as reformas que se tiveron feitas pero tamén para mostrar os diferente produtos que se venden e a maneira de transformalos en comida saudable. Ademais búscase ofrecer a Praza de Abastos coma unha oportunidade de traballo, cunha posibilidade de negocio.