O Concello da Guarda presenta os “Concertos de Nadal”
Son moitas e moi diferentes as actividades que están programadas para celebrar este Nadal no Concello da Guarda.
Así, dende a Concellería de Cultura, preséntanse os “Concertos de Nadal” aos que invita a participar a todos os veciños e veciñas da vila.
O primeiro deles é o “Concerto de fin de Curso do Conservatorio”. A cita é este xoves, día 17 de decembro, ás 20 horas no Centro Cultural guardés.
Nesta funcións os alumnos e as alumnas do conservatorio mostrarán os seus coñecementos e deleitarán ao público coa interpretación de emotivas melodías.
A próxima cita será o sábado, día 19 de decembro. Nesta data o Centro Cultural acollerá o “VIII Festival de Pandereteiras” no que participarán a Asociación Xamaraina, o Grupo Tambaluca, a Asociación Cultural Guardesa e a Asociación Vento Mareiro.
O acto comezará ás 20,30 horas.
Ambos espectáculos son de balde.