Este domingo “Festival de Panxoliñas” na Igrexa Santa María de A Guarda
O evento comezará ás 17,30 horas
Como xa é tradicional no Nadal da vila, un ano máis, a Agrupación Coral Polifónica da Guarda, coa colaboración do Concello e da Igrexa Santa María de A Guarda, organiza o “Festival de Panxoliñas”.
A cita é este sábado, 20 de decembro, ás 17,30 horas na Igrexa.
O evento estará presentado polo párroco Don Jesús García Villadóniga e contará coas actuacións da Coral Polifónica da Guarda, do Coro Infantil dos Padres Somascos, do coro do Clube da Terceira Idade, de Arpegios Contabile e do Grupo Antorcha.
O espectáculo é de balde e se espera que sexan moitos os veciños e veciñas da vila os que se acheguen a escoitar as panxoliñas e sinta o espírito do Nadal.