Música, exposicións, gastronomía e visitas guiadas para gozar da Guarda esta fin de semana
A Guarda chega á derradeira fin de semana de agosto cunha ampla programación cultural con varias exposicións no Centro Cultural, na Casa dos Alonsos e no Museo do Mar, concertos de Música nas Prazas e o Festival de Bandas Vila da Guarda, visitas guiadas para coñecer o Monte Santa Trega e o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT), así coma a VII Festa do Percebe.
Programación por días
Venres 24:
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.
A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle ata o 13 de setembro a Exposición de fotografía «Raíces Celtas en la Amazonía venezolana», da autoría de Oscar Noya-Alarcón e que se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h .
Este venres día 24 de agosto de 2018, a Praza de San Amaro de Camposancos acolle a segunda cita de Música nas Prazas 2018 coa actuación de «Bieito Solo» ás 22:00h.
Dende as 21:00h a Alameda da Guarda acolle a primeira xornada da VII edición da Festa do Percebe e dos produtos do mar e da terra, contando con actividades para nenos, artesanía e amenización musical.
Sábado 25:
Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h. Ademais este sábado ás 12:00h realizarase un obradoiro coas Alfombristas da Guarda, de carácter aberto e para todos os públicos, contará coa colaboración da recentemente creada Asociación Cultural de Alfombras da Guarda
Na xornada do sábado convidamos tamén a visitar no Museo do Mar a exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” que, baixo o proxecto “Sustentabilidade en feminino”, busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.
A Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a mostra «Raíces celtas en la Amazonía venezolana» da autoría de Oscar Noya-Alarcón. Se pode visitar na mañá deste sábado en horario de 10:00h a 13:00h.
A Praza de San Bieito da Guarda acolle este sábado ás 20:00h o XII Festival de Bandas «Vila da Guarda», unha cita musical que contará coa participación da Banda de Música da A.V.C.D de Candeán, a Banda da Escola de Música de Rianxo e coma anfitrións a Agrupación Musical da Guarda.
De 12:00h a 16:00h e de 20:00h a 00:00h a Alameda da Guarda acolle a segunda xornada da VII edición da Festa do Percebe e dos produtos do mar e da terra, contando con actividades para nenos, artesanía e amenización musical.
Domingo 26:
Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).
Na xornada do domingo convidamos a visitar no Museo do Mar a exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” que, baixo o proxecto “Sustentabilidade en feminino”, busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h.
Dende as 11:00h da mañá a Alameda da Guarda acolle a terceira xornada da VII edición da Festa do Percebe e dos produtos do mar e da terra, contando con actividades para nenos, artesanía e amenización musical.
Tag:A Guarda, cultura, Exposicións, gastronomía, Música, verán