O profesor Xosé Manuel Malheiro retoma as Barferencias de Inverno co tema “De Luis Vello a Alonso Ríos, viaxe polas escolas de Galicia”
A cita é este venres, 15 de xaneiro, no bar Tecla´s
Este ano 2016 continúan as Barferencias de Inverno organizadas polo Concello da Guarda en colaboración con ANABAM.
A próxima cita é este venres, 15 de xaneiro, ás 20,30 horas no bar Tecla´s. A ponencia, que leva por nome “De Luis Vello a Alonso Ríos, viaxe polas escolas de Galicia” estará presentada por Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, Mestre e Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación e profesor na Facultade da Educación da UDC.
A charla, tal e como confirma o propio Xosé Manuel Malheiro, vai a xirar en torno á emigración galega e á pegada que esa emigración deixou en Galicia no que respecta ás influencias educativas importadas desde América.
O Concello da Guarda quere convidar a todos os veciños e veciñas da localidade a participar nesta actividade.
Próximas datas
Tras esta cita xa só quedan dúas máis Barferencias de Inverno programadas. A primeira delas será o próximo venres, 29 de xaneiro, no Bar Bergantín. Nesta ocasión Roberto Rodríguez Álvarez falará da “Talasonimia da costa da Guarda”.
A última charla é o venres 26 de febreiro no Bar Aquilino. “15 pesetas por frete” da man de Fani Alonso Tamayo pechará as Barferencias de Inverno.
Ambas ponencias serán ás 20,30 horas.