A Guarda incorpora no portal de transparencia numerosa información de interese
O Concello da Guarda, cumprindo cos obxectivos de transparencia pública e información aos cidadáns, ven de incorporar recentemente ao portal de transparencia da sede electrónica municipal, informacións de temática variada sobre proxectos, normativas, patrimonio, urbanismo, obras, orzamento municipal, entre outros.
Recentemente, puxéronse á disposición dos cidadáns toda a información relativa aos proxectos das obras da Rúa San Queitano, o SkatePark ou as obras de humanización da Rúa Concepción Arenal.
Deste xeito os cidadáns poderán acceder a estes contidos, para a súa consulta ou descarga e coñecer máis polo miúdo estas informacións.