Xornadas de Portas Abertas cos centros educativos nas novas instalacións do Concello da Guarda
Dende o martes 9 de outubro alumnos dos diferentes centros educativos da vila participan nas Xornadas de Portas Abertas para coñecer o funcionamento e as novas instalacións do Concello da Guarda na Casa dos Alonsos.
Os alumnos que participan nestas Xornadas coñecen como é o funcionamento dos diferentes departamentos do Concello da Guarda, atendendo as explicacións do funcionariado e facendo aquelas preguntas que lles parecen de interese sobre o día a día neste espazo municipal.
Entre as accións destas visitas os alumnos visitan o Salón de Plenos, as instalacións da Policía Local, ademais de ser recibidos polo Alcalde da vila, Antonio Lomba, quen recibe as inquedanzas dos máis pequenos da vila e atende ás súas dúbidas.