Os alcaldes do Camiño Portugués da Costa reúnense na Guarda
Este mércores día 11 de maio, ás 12 horas, reuníronse no Concello da Guarda os alcaldes e concelleiros de Turismo dos concellos pertencentes ó Camiño Portugués da Costa: A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo e Redondela.
Este mércores día 11 de maio, ás 12 horas, reuníronse no Concello da Guarda os alcaldes e concelleiros de Turismo dos concellos pertencentes ó Camiño Portugués da Costa: A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo e Redondela.
A reunión convocouse tras a inclusión do Camiño Portugués da Costa entre as rutas xacobeas oficialmente incluída pola Xunta de Galicia na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia aprobada recentemente no Parlamento.
Ao longo destes últimos anos estívose traballando na divulgación e promoción do Camiño con diferentes iniciativas como a realización de andainas, peregrinacións por etapas, congresos, presentacións en FITUR, elaboración de guías ou concursos fotográficos.
Coa aprobación desta Lei retómanse novamente os esforzos para incentivar ao recentemente recoñecido Camiño. Durante a reunión marcáronse unha serie de accións prioritarias: a sinalización, a importancia do trazado en Vigo e a necesidade de continuar coas accións conxuntas de promoción.
O primeiro paso é a solicitude conxunta por parte dos concellos participantes no Camiño dunha reunión coa Xerencia da SA Xacobeo. Nesta reunión, á que acudirán tódolos concellos, solicitarase o mesmo trato deste Camiño que o do resto de itinerarios: sinalización, información na web e demais accións de promoción.