Acto de entrega da dotación de material deportivo da Deputación a clubs da Guarda
Este xoves 12 de maio, ó mediodía, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello da Guarda o acto de entrega do material deportivo concedido pola Deputación de Pontevedra a clubs da Guarda.
Este xoves 12 de maio, ó mediodía, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello da Guarda o acto de entrega do material deportivo concedido pola Deputación de Pontevedra a clubs da Guarda.
Por motivos de axenda no acto só puideron participar representantes do Club de Remo Robaleira e do Clube Balonmán Atlético Guardés. Entre outro material entregouse balóns de fútbol e balonmán, esteiras, pelotas de tenis, petos, redes e conos.
Esta acción forma parte dunha iniciativa piloto da Deputación de Pontevedra para dotar de material deportivo a clubs federados de municipios da provincia que teñan menos de 50.000 habitantes e facer así unha repartición equitativa de material entre os clubs deportivos da provincia despois de coñecer as súas necesidades.