O concello da Guarda distribúe unha nova partida de composteiros entre os seus veciños e veciñas
O concello da Guarda está a repartir dendeo xoves 9 de xuño unha nova partida de composteiros, como ven ocorrendo dende o ano 2014.
O concello da Guarda está a repartir dendeo xoves 9 de xuño unha nova partida de composteiros, como ven ocorrendo dende o ano 2014.
O cerca de medio centenar de composteiros chegan ao concello da localidade por parte de SOGAMA, a Sociedade Galego do Medio Ambiente, para impulsar a compostaxe e a reciclaxe de restos orgánicos, os máis numerosos, entre os habitantes da vila.
A labor destes composteiros leva axudado a reducir a recollida en kilos da bolsa negra do lixo, é dicir, dos restos orgánicos depositados no colector do lixo. Ademais, a partir destes restos, os guardeses e guardesas obteñen un fertilizante natural e orgánico adecuado para calquera tipo de prantas. Así mesmo o pobo da Guarda vai na voa dirección de acadar os obxectivos que nos marca a Unión Europea para o 2020 de reducir o 50% de residuos.
A iniciativa volve un ano máis grazas á boa acollida que tivo nas anteriores ocasións entre os veciños e veciñas da Guarda que ven nela unha fonte de numerosos beneficios non só a nivel ambiental, senón que tamén económicos e sociais e contribúe a que sexamos un referente na Comunidade Autónoma en materia de reciclaxe e sostenibilidade.