Minuto de silencio na Guarda en memoria das vítimas do atentado de Estambul
Este mércores día 29 de xuño, ás 12 horas, as autoridades da Guarda e os veciños da localidade que puideron achegarse gardaron un minuto de silencio xunto á Casa do Concello, na Praza do Reló, en memoria das vítimas do atentado do aeroporto de Estambul deste pasado martes.

Onte pola noite coñecíase o terrible suceso, o atentado que tres terroristas causaron na capital turca este martes 28 de xuño, pola noite, e do que o goberno fai responsable a ISIS. Polo de agora as autoridades do país comunican que hai 41 vítimas mortais e 239 feridos de distinta gravidade, pero espérase que estas cifras vaian cambiando nas próximas horas.
O concello da Guarda quere mostrar con este xesto a súa solidariedade co pobo turco e achegar as súas condolencias ás vítimas e familiares das vítimas nestes duros momentos.