A Guarda convida a participar como paxes na Cabalgata de Reis
Se queres colaborar como Paxe Real e acompañar ás súas maxestades de Oriente no seu paso pola Guarda, os titores legais poderán anotar aos nenos e nenas os días 12 e 13 de decembro entregando a correspondente autorización no Rexistro Xeral do Concello.
O prazo ábrese o vindeiro xoves día 12 de decembro ás 9:00h.
As prazas para participar son limitadas e a idade mínima para participar é 8 anos (nenos e nenas nacidos no 2011 ou con anterioridade).
Como novidade de este ano, poderá utilizarse a sede electrónica do concello: https://aguarda.sedelectronica.gal/. Para o seu uso é preciso contar cun certificado dixital e as solicitudes entregadas por esta vía non serán tidas en conta as que se presenten antes das 9:00h. do día 12 de decembro.
Podes descargar aquí o formulario e as Bases da inscrición.
Tag:A Guarda, Bases, Cabalgata, formulario, inscricións, paxes reais, Reis Magos