A recepción real congregou a máis dun milleiro de persoas na Praza do Reló.
O domingo día 5 de xaneiro as rúas da Guarda enchéronse de persoas que acudiron para presenciar a tradicional Cabalgata de Reis, un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, cun percorrido entre a Alameda da Guarda e a Casa dos Alonso, onde se realizou a recepción real aos nenos e nenas.
A Cabalgata de Reis contou co acompañamento dunha comitiva de paxes, a participación do Clube da Terceira Idade da Guarda, e varias asociacións e unha charanga que amenizou musicalmente este multitudinario e colorido evento.
Os Reis Magos percorreron a Rúa Rosalía de Castro e Rúa Galicia nas súas carrozas para rematar na Casa dos Alonsos, onde recibiron aos nenos e nenas entregando agasallos e lambonadas para todos. Durante o percorrido repartiron milleiros de caramelos e lambonadas dende as súas carrozas, confeccionadas pola Fiesta Escénica.
A recepción real congregou a máis dun milleiro de persoas na Praza do Reló.