O Concello da Guarda informa sobre os transportes públicos, o xulgado de paz e as fronteiras.
O Concello da Guarda informa a cidadanía sobre os transportes públicos, o xulgado de paz e as fronteiras mentras dure o estado de alarma polo coronavirus COVID-19.
O Servizo de autobuses a Vigo prestaráse só nos seguintes horarios:
- Saídas da Guarda a Vigo: ás 7:00h, ás 15:00h e ás 19:30h
- Saídas de Vigo á Guarda: ás 8:30h, ás 16:30h e ás 20:30h
Seguirá prestándose o servizo de taxis tanto dende a parada coma por teléfono a través do número 986 61 0808.
O Xulgado de Paz só atenderá ao público de forma presencial para prestar os seus servizos públicos esenciais, se alguén precisa máis información pode contactar no teléfono 886 11 00 70.
En canto ás Fronteiras, lémbrase que , adía de hoxe, as fronteiras con Portugal a través da ponte internacional entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira e a través do Ferry entre A Guarda e Caminha están pechadas, só se poderá pasar a Portugal, por motivos debidamente xustificados, a través da ponte da autovía A-55.
Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración