A cultura sempre nos acompaña, por iso nesta sección vos traemos propostas que iremos ampliando con recomendacións e novidades.
Cinema
Atopa aquí esas pelis diferentes que tanto te gustan
Somos Cine
Novo Cinema Galego
La Pantalla Digital
![](https://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2020/07/PRIDE-copia.jpg)
“PRIDE”
Nesta semana do orgullo LGTBI na que nos atopamos non podíamos falar doutro filme.
No verán de 1984 en Inglaterra, o Sindicato Nacional de mineiros convoca a folga. Un grupo de activistas decide recaudar fondos para axudar ás familias dos traballadores coa campaña Lesbians and Gays Support the Miners. Aínda asi o sindicato rexeita os cartos polas consecuencias políticas e os prexuízos instalados. O colectivo decide levar directamente o diñeiro ata unha pequena vila de Gales (epicentro da minería británica). Comeza aquí unha historia de entendimento entre dúas comunidades antagónicas ata o momento unidas por unha causa común.
O filme pódese atopar en diversas plataformas online, pero se vos gustaría vela na pantalla grande do noso Centro Cultural, mandade á vosa suxerencia e programaremos este e outros filmens propostos suxerencias cando retomemos os ciclos de cinema de inverno.
Aquí podedes ver o adianto: https://www.youtube.com/watch?v=asphW3S9lgg
E aquí mais información sobre o filme: https://golem.es/pride/
Teatro
Se gustas do bo teatro, desfruta del dende o teu sofá. Accede ás mellores obras de teatro clásico e moderno a través de:
Estudio 1 RTVE
Música
Coñeces o talento musical que temos na nosa terra?
Música polas Letras Galegas 2020
Luis Vallecillo canta a Rosalía e o comparte con motivo das Letras Galegas. Nos recorda que Rosalía foi a primeira homenaxeada, alá polo 1963
Musicando a Carvalho Calero: Repertorio creado no 2010, con motivo dun Concurso polo centenario de Ricardo Carvalho Calero (AGAL.ES)
https://a.gal/musicando-carvalho-calero-2010/
https://a.gal/musicando-carvalho-calero-2010/