Citas para a renovación do DNI na Guarda no mes de novembro
O vindeiro martes día 13 de outubro de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de novembro de 2020, esta serán as derradeiras citas para este ano 2020 e a última visita do ano á Guarda da unidade móbil..
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en novembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o martes día 13 de outubro de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
Tag:A Guarda, cita previa, DNI