A Concellería de Cultura da Guarda convida ás asociacións e comisións de festas da Guarda a participar no programa “Decora o teu Nadal”
Tal e como comunicou a Concellería de Cultura da Guarda a asociacións deportivas, culturais, sociais e comisións de festas; o Departamento de Cultura ven de convocalos a participar no programa “Decora o teu Nadal”.
Tal e como comunicou a Concellería de Cultura da Guarda a asociacións deportivas, culturais, sociais e comisións de festas; o Departamento de Cultura ven de convocalos a participar no programa “Decora o teu Nadal”.
Con esta iniciativa búscase potenciar a participación das asociacións da vila, dándolles visibilidade e protagonismo na organización e decoración urbana deste Nadal 2016.
Con este obxectivo nace unha iniciativa que leva como tema o “Decorado Urbano de Nadal”. Pode participar calquera asociación que sexa da Guarda, cun máximo de 1 proposta á que se lle outorgará un lugar para dita decoración, que será identificado co nome da mesma. Os materiais serán preferiblemente de refugallo, non contaminantes e resistentes ás condicións meteorolóxicas do exterior. Ademais, como novidade, o Concello da Guarda outorgará unha axuda económica para a adquisición do material de ser necesario.
O prazo que terán as asociacións participantes para realizar as decoracións será do día 9 ao 18. O día 19 de decembro faranse públicos na páxina web do Concello da Guarda tódolos decorados.
Para confirmar a súa participación as asociacións deben facelo antes do vindeiro 29 de outubro. Dende o Concello da Guarda deséxase que esta sexa unha iniciativa de interese para todos e que axude a facer entender A Guarda como un espazo de expresión artística, no que todos poden participar no embelecemento da vila.