A Guarda lanza o concurso “As Xanelas do Nadal”
A Concellería de Cultura organiza o concurso de decoración “As Xanelas do Nadal”, una iniciativa en colaboración cos veciños/as da vila.
O tema obxecto da actividade é o “Decorado das Xanelas do Nadal” , onde cada veciño/a poderá decorar libremente unha xanela, porta ou balcón da súa vivenda visible dende o exterior.
Unha vez decoradas, para participar no concurso, deberá enviarse un e-mail a culturaguarda@gmail.com indicando nome, apelidos, enderezo e un teléfono de contacto.
Estas fotografías serán publicadas no Facebook de @culturaguarda o luns día 14 de Decembro.
Pasada unha semana (o lúns 21 ás 14:00 horas) as tres fotografías con máis Likes serán as gañadoras dunha cesta de nadal.
Os traballos resultantes, serán utilizados polo Concello da Guarda para a súa difusión dende a páxina web e as redes sociais.
OBXECTIVOS
– Apreciar e valorar o espírito do Nadal.
– Conseguir que o cidadán se sinta motivado por vivir o Nadal.
– Concienciar da importancia do enbelecemento da vila.
– Fomentar o traballo en familia.
– Unir ós veciños/as para traballar sobre un mesmo obxectivo.